XERAIS

18mar21:00VIGRO AVIERTOESPECTÁCULOS | Desde 6,00 € 21:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

Cada mes preséntase un espectáculo completamente distinto, con monólogos novos, sketches e cancións orixinais. Vigro Avierto é un show aberto no que entre 8 e 10 participantes dispoñen de 10 minutos para presentar os seus monólogos cómicos, cada quen co seu estilo e coa súa propia proposta. Aquí o que hai é guasa.

Vigro Avierto preséntase como unha especie de cuarto do pánico xigante, un laboratorio abandonado cheo de vexetación onde supostamente ocorreu algún tipo de incidente biolóxico e no que agora traballan catro monos que antes estaban encerrados en gaiolas. Os monos de sempre e as súas persoas convidadas proban chistes, mentres xente valente se xoga o tipo sobre o escenario, todo para pasar un bo rato, desconectar durante un par de horas e tomar unhas birras.

A proposta invita a relaxarse, deixar as preocupacións atrás e achegarse ao Supersonic para rir sen parar. Todo polo espectáculo e para quen goza da comedia… e de mirar os accidentes.

Entradas

Hora

18 marzo, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events