REVISTA FEBREIRO

12feb21:00VIGRO AVIERTOconcertos | Desde 6,00 €21:00(GMT+01:00) Sala Supersonic

Detalles do eventos

COMEDIA RACIÓN PRESENTA a 31ª edición de VIGRO AVIERTO. 100% VICENTE. Cada mes un espectáculo completamente distinto, con monólogos novos, sketches e cancións orixinais. VIGRO AVIERTO é un show aberto no que 8-10 participantes terán 10 minutos para probar os seus monólogos cómicos. Cada un@ co seu estilo, coa súa proposta. Aquí o que vai haber é GUASA. Apunta tamén unha praza para Italia. Vas patinar en Santa Mónica, bebé.

O VIGRO AVIERTO é unha habitación do pánico xigante, un laboratorio abandonado cheo de vexetación, onde houbo algún tipo de incidente biolóxico e agora traballan catro monos que antes estaban alí encerrados en gaiolas. Os monos de sempre e os/as seus/súas convidadxs probando chistes, peña desesperada xogándoa sobre o escenario, todo para pasar un bo rato, para desconectar durante un par de horas, para tomar unhas birras.

Reláxate inmediatamente, colle todas as túas preocupacións, dálle unha pedrada na cabeza e abandónaas no monte; logo colle a entrada e vén ao SUPERSONIC. ¡¡A RIR, A RIR!! Todo por e para ti, que che encanta a comedia e mirar os accidentes.

Entradas:

Prezo: 6,00 € – 8,00 €

Hora

12 febreiro, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Supersonic

Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events