REVISTA VERAN

06xul19:00'VigoSaxForum': Alumnado do VigoSaxForum.CONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio CVC Valladares

Detalles do eventos

Entre o 29 de xuño e o 6 de xullo, celébrase o VigoSaxForum 2025, un ciclo musical arredor do saxofón con numerosos concertos de balde, en Valadares. Ademais das actuacións, a proposta complétase co curso de saxofón, que inclúe talleres, conferencias e masterclass. O seu obxectivo principal é complementar as iniciativas culturales das distintas institucións artísticas. Celébrase na Escola e Conservatorio de Música Profesional de Música de Valadares, situada no Centro Cultural.

A programación completa dos concertos é a seguinte:

  • 29 de xuño ás 20:00 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Concerto de presentación. Trío Poulenc (formado por Tomás Alonso, María García e Berta Fresco).
  • 1 de xullo ás 19:30 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Lítore Quartet (formado por Jaime Estévez, Sira Pellicer, Hugo Lomba e Miquel Flores).
  • 2 de xullo ás 20:00 h | Igrexa de San Andrés de Valadares | Dúo Saxobieta (formado por Judith Montero e Roberto Pacheco), Lítore Quartet e Ángel Soria.
  • CANCELADO – 3 de xullo ás 19:30 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Henrique Portovedo.
  • 4 de xullo ás 19:30 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Nicolas Arsenijevic e Brais González.
  • 5 de xullo ás 19:30 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Roberto Pacheco e MiSXtura Ensemble de saxofones e percusión.
  • 6 de xullo ás 19:00 h | Auditorio do C. C. de Valadares | Concerto de clausura. Alumnado do VigoSaxForum.

O Trío Poulenc será o encargado de dar comezo ao calendario de actuacións, estreando por primeira vez en España a obra do compositor suízo Gotthard Odertmatt, ‘Le bruissement du vent, op. 35’.

Máis

Hora

6 xullo, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio CVC Valladares

Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO

Other Events