Este é un evento repetitivo12 outubro, 2025 13:00
11out13:0019:30VigoNaturePEQUERRECHOS | Desde 2,70 €13:00 - 19:30(GMT+02:00) Vigo Nature
Detalles do eventos
SÁBADO 11/10/2025 13:00 – 13:15 h. Alimentación de fauna do Exotarium. 16:30 – 17:30 h. Horta
Detalles do eventos
SÁBADO 11/10/2025
13:00 – 13:15 h. Alimentación de fauna do Exotarium.
16:30 – 17:30 h. Horta chea de Sorpresas.
16:30 – 17:30 h. Enriquecemento Ambiental Suricatas.
17:30 – 18:30 h. Enxeños na Horta.
17:30 – 18:30 h. O Idioma das Aves.
18:30 – 19:30 h. O ovo e a galiña.
18:30 – 19:30 h. O Sistema Solar.
DOMINGO 12/10/2025
13:00 – 13:15 h. Alimentación de fauna do Exotarium.
16:30 – 18:30 h. Escape Room Familiar.
16:30 – 17:30 h. Os Animais do Exotarium.
17:30 – 18:30 h. Aves Irrecuperables.
18:30 – 19:30 h. Especies Exóticas Invasoras.
18:30 – 19:30 h. Exoplanetas
Prezo: As actividades son de balde coa entrada ao parque.
Alimentación de fauna do Exotarium – Todos os públicos: Durante o horario de comida das tartarugas e iguanas do exotarium poderás observar a súa dieta e a súa forma de alimentarse.
Horta chea de Sorpresas – Idade recomendada +4: A horta é un mundo cheo de sorpresas, onde todos os días aprendes algo. Unha planta que nunca viras ou que precisa dun coidado especial, unha tarefa que realizar dun xeito diferente, unha herba de vital importancia na horta, unha semente curiosa… A ver que nos aparece hoxe.
Enriquecemento Ambiental Suricatas – Idade recomendada +6: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para o benestar dos animais en cautividade. Construiremos xoguetes alimenticios e elementos de enriquecemento para os suricatas e observaremos o seu comportamento.
Enxeños na Horta – Idade recomendada +4: Para que funcione a horta é preciso dispor de distintos aparellos que podemos mercar ou nós mesmos elaborar, como por exemplo, regadeiras, papaventos, espantatoupas, etc.
O Idioma das Aves – Idade recomendada +4: Actividade familiar participativa centrada na comunicación das aves, onde os participantes aprenden a distinguir sons como o canto e o chamamento mediante xogos auditivos e unha visita guiada. Combínase a divulgación científica con dinámicas lúdicas e observación directa de aves irrecuperables.
O ovo e a galiña – Idade recomendada +4: Que foi primeiro, o ovo ou a galiña? Participa neste xogo de mesa en familia onde investigaremos a orixe das galiñas facendo unha viaxe ao Xurásico, onde atoparemos ao antepasado da Galiña de Mos, e observaremos a súa evolución ata o presente.
O Sistema Solar – Idade recomendada +7: A actividade do sistema solar, consiste nunha pequena viaxe audiovisual virtual polo sistema solar a bordo do noso pequeno planetario portátil. Observaremos e visitaremos algúns dos planetas máis relevantes, asteroides, cometas, etc. Conformando unha aventura espacial para toda a familia.
Hora
11 outubro, 2025 13:00 - 19:30(GMT+02:00)
Localización
Vigo Nature
Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



