24dec12:4412:44Vigolandia12:44 - 12:44(GMT+01:00) Instituto Feiral de Vigo (IFEVI)
Detalles do eventos
Vigolandia ofrecerá durante cinco días no Instituto Feiral de Vigo unha ampla oferta de actividades de lecer para nenas e nenos de 6 a 13 anos. Entre o
Detalles do eventos
Vigolandia ofrecerá durante cinco días no Instituto Feiral de Vigo unha ampla oferta de actividades de lecer para nenas e nenos de 6 a 13 anos. Entre o 26 e o 30 de decembro o s pequerrechos da casa poderá gozar de 500 metros cadrados de diversión. Ademais dos numerosos inchables entre as novidades deste ano atopamos un Xtrem Run, de máis de 500 metros para nenos e nenas a partir de 7 anos; un Wipe Run, de 145 metros, para nenos a partir de 8 anos; un Wipe Out, de 70 metros, para nenos maiores de 6 anos; un Despliador de 37 metros, a partir de 6 anos; e unha piña rotativa Bob Esponxa con tobogán, para pequerrechos entre os 6 e os 13 anos. A estas atraccións súmase unha ponte tibetana de 50 metros e unha tirolina de 53 metros. Ademais, haberá láser tag batallas, un tren, canchas deportivas, circuíto correcorre, circuíto de educación viaria, animacións musicais, xogos de mesa educativos, maquillaxe facial, animación con personaxes infantís, obradoiros de minichefs, mesas de billar e tenis de mesa.
Horarios: O venres 26 Vigolandia permanecerá aberto de 16:00 a 20:00 h e os días 27, 28, 29 e 30 desde as 12:00 da mañá ás 20:00 h da tarde.
Iniciativa solidaria: recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros que posteriormente son entregados a unha ONG de Vigo.
Hora
24 decembro, 2025 12:44 - 12:44(GMT+01:00)
Localización
Instituto Feiral de Vigo (IFEVI)
Av. do Aeroporto, 772, Cabral, 36318 Vigo, Pontevedra



