Vigofem: Esperanza Mara
23out20:30Vigofem: Esperanza MaraCONCERTOS | De balde20:30(GMT+02:00) Museo Marco
Detalles do eventos
Entre o 22 e 25 deste mes a concellería de Igualdade organiza a segunda edición de Vigofem, un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres.
Detalles do eventos
Entre o 22 e 25 deste mes a concellería de Igualdade organiza a segunda edición de Vigofem, un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres.
Durante unha semana do mes de outubro desenvolverase un programa cultural diverso, protagonizado por mulleres, que aspira a dar a coñecer, difundir e poñer no centro da historia e da sociedade, a creación das mulleres, sensibilizando e promocionando os valores de igualdade. Un espazo de reflexión e reivindicación con perspectiva de xénero. Este proxecto persegue crear referentes femininos para as xeracións presentes e futuras en todos os ámbitos ( artísticos, científicos, creativos, sociais, políticos, deportivos, etc) rescatando a moitas mulleres do esquecemento e reivindicando o lugar de todas no centro da historia para acadar recoñecemento e espazos de influencia.
Ten como finalidade a de crear, desde Vigo, e con proxección tanto local como nacional, un espazo onde avanzar nos principios de igualdade, onde difundir a cultura feminista e experimentar e impulsar a creatividade das mulleres, facendo visible a desigualdade de xénero na cultura dominante.
Programa 22 ao 25 de outubro:
– Martes, 22 de outubro: FemARTV . ARTE VIVA
Exporanse seis obras de arte clásicas e tres actrices darán vida á protagonista feminina representada en cada obra, dándolle vida e voz e visibilizando e explicando como a representación da muller na arte e o papel que se lles atribuíu perpetúa os estereotipos e os roles que aínda hoxe perviven na sociedade.
Con Arantxa Treus, Grial Montes e Humi Donado
Textos de Isabel Blanco
Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe, 54
Hora de comezo: 19:30 h
Entrada libre ata completar a capacidade do local
– Mércores, 23 de outubro: Concerto e performance a cargo de Esperanza Mara
Con Esperanza Mara, soprano e instrumentista especializada en música medieval
Lugar: galería do MARCO. Rúa Príncipe,54
Hora de comezo: 20:30 h
Entrada libre ata completar a capacidade do local
.- Venres, 25 e outubro: Concerto do grupo De Vacas
Hora de comezo: 21:00 h
*No caso de climatoloxía adversa este concerto realizarase no Cine Teatro Salesianos, Rúa Venezuela,3. Entrada por orde de chegada e ata completar aforo.
Máis
Hora
23 outubro, 2024 20:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes