REVISTA NADAL

VigoFem: Charla-concerto 'Mulleribus'

18out19:00VigoFem: Charla-concerto 'Mulleribus'FESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

VIGOFEM é unproxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres que na cidade durante a semana do 16 ao 20 de outubro, coincidindo co Día das escritoras.

Programa:

Encontro Literario Improvisa – Luns, 16 de outubro ás 19:00 h na galería do MARCO.

Interveñen: Xina Vega, Isabel Blanco, Anna Figueiredo, Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradáns.

As escritoras formarán dous grupos por xéneros literarios: narrativa ( Xina Vega, Anna R. Figueiredo e Isabel Blanco) e poesía ( Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradáns). Durante 20 minutos, cada grupo ( 10 minutos cada grupo) improvisará un ou varios textos que serán recollidos en soporte dixital e proxectados mentres se crean.

Unha vez terminadas as roldas de improvisación das autoras, invitarase ao público- tanto adulto como infantil) a participar, por espazo de outros 15 minutos.

Para celebrar o Día das Esscritoras darase lectura textos de autoras previamente elixidas.

Ao remate, o público que o desexe poderá facilitar o seu enderezo electrónico ao que lle enviarán os textos creados como lembranza do I Encontro Literario “ Improvisa”.

Peza teatral Sorpresa – Martes, 17 de outubro ás 19:00 h na galería do MARCO.

Compañía: Enconarte Producciones

SORPRESA unha peza ó máis puro estilo Enconarte feita por mulleres para falar de mulleres ca excusa dunha festa viaxaremos pola vida de NORA unha muller que deixou a súa profesión para exercer de nai unha muller educada no catolicismo feroz unha muller medicada e bébeda e unha muller intelixente riquiña e sensible e con intensas ganas de xogar de vivir e de amar 20 minutos de tiovivo emocional con moitas moitas risas un espectáculo interactivo sen pelos na lingua que da conta do empoderamento dunha muller.

Charla-Concerto Mulleribus – Mércores, 18 de outubro, ás 19:00 h, no Auditorio Municipal.

Interveñen: Margarita Viso, Begoña Riobó, Su Garrido Pombo

Impartirase unha charla por Margarita Viso sobre o papel das mulleres na música ao longo da historia, a súa trascendencia e a súa presencia na actualidade.

Trala charla, gozaremos da música da violinista Begoña Riobó e da cantante Su Garrido Pombo.

Concerto WÖYZA & The Galician Messengers – Venres, 20 de outubro, ás 21:00 h na Porta do Sol.

Entradas: Todas as actividades teñen a entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade dos locais.

Máis

Hora

18 outubro, 2023 19:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events