PORTAMERICA >

08nov20:00VIGOCULTURA: 'Xoguetes rotos'ESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.

Nesta ocasión, é a quenda de Xoguetes rotos, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:

Mario é un rapaz nacido na comarca do Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para
el. Non lle gusta vendimar nin mocear e non lle prestan os xogos dos adolescentes. E menos aínda pensa seguir os
ditados do pai, que van en contra da súa natureza interior. Mario escapa da aldea para instalarse no Vigo industrial dos 70,
buscando na cidade un lugar ideal para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo de atopar. Os aforros pouco duran, e
será difícil sobrevivir nesa nova hostilidade, se non fose pola aparición dunha fada madriña: Dorín. Ela, coma el, naceu
sendo un rapaz galego, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico,
onde Mario axudará a limpar, pasar o ferro, estudará contabilidade e comezará a dubidar… mesmo do seu nome.

PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.

Hora

8 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events