
VIGOCULTURA: VOA, VOA!
Detalles do eventos
Talía Teatro Elenco: Toño Casais e María Ordóñez Escenografía e iluminación: Dani TrilloVestiario e maquillaxe: Martina CambeiroMúsica: Manu Abraldes
Detalles do eventos
Talía Teatro
Elenco: Toño Casais e María Ordóñez
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario e maquillaxe: Martina Cambeiro
Música: Manu Abraldes
Autoría e dirección: Artur Trillo
De 6 a 11 anos
Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para gozar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.
Unha montaxe na que se propón recuperar ditos, retrousos, xogos de man, …toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar o xogo pero, sobre todo, para incentivar ás familias (nais, pais e especialmente ás avoas e avós) a indagar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.
Máis
Hora
29 outubro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra