Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de Teatro de papel, un espectáculo infantil cuxa sinopse é a seguinte:
Teatro de Papel é un espectáculo de circo contemporáneo que a través dunha bagaxe de monicreques extraordinarios, o pallaso e o teatro físico, busca reivindicar o poder da Imaxinación. Teatro de papel é unha persoa na súa soidade, é unha festa sen festexo, un mono diálogo onde a imaxinación alixeira o peso da soidade para dar paso a un mundo poético e onírico. É unha pausa, un erro dentro dun sistema acelerado. Un momento suspendido no tempo onde o mundo se detén e a poesía danza.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
2 novembro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
outubro




