CONGRESO MAR >

22nov20:00VIGOCULTURA: 'Sophie non é o meu nome de guerra'ESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.

Nesta ocasión, é a quenda de Sophie non é o meu nome de guerra, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:

A de Sophie é unha historia inspirada en feitos reais, pero é algo máis que a historia dunha persoa migrante. A viaxe de
Sophie é unha viaxe polo desexo, pola dignidade, pola consciencia da riqueza das culturas populares de África, polo
documento teatralizado da violación e da trata de mulleres, das políticas migratorias burocratizadas de Europa e polas
relacións familiares fiadas por silencios, medos e angüeiras dunha vida plena e sincera. Sophie é unha muller que ama e
quere ser amada, divertida e vital, ambigua e perigosa.

PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.

Hora

22 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events