
Detalles do eventos
Olivas Negras Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e
Detalles do eventos
Olivas Negras
Durante só unha noite de xaneiro, a bruxa Befana reparte agasallos e comida polas casas. Colombina, farta de traballar e de ser pobre, ten unha idea: raptar a Befana e así nunca lle faltará nada, pero Arlequín e Polichinela escoitan o seu plan. Arlequín quere chegar antes ca ninguén onda Befana para demostrarlle a Colombina que é máis listo ca ela. O Capitán vai con el, sobre todo porque non quere quedar só. Polichinela consegue a axuda de Pantalone e os seus cartos para indagar onde vive Befana. E Befana, sen sospeitar o que lle espera, viaxa na súa góndola pola terra, polo aire e pola auga, cambia de calcetíns, que é a cousa que máis lle gusta no mundo, e garda nos zapatos a súa maxia. Nesta historia presentámosvos personaxes que veñen de Italia, unha pequena aventura, varios enredos, moita música, alegría e comedia
Máis
Hora
3 marzo, 2024 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual