>

21nov20:00VIGOCULTURA: 'O espírito de Vania'ESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.

Nesta ocasión, é a quenda de O espírito de Vania, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:

Un actor e un músico entran nun espazo en ruínas. Os espíritos dos personaxes do Tío Vania de Chekhov habitan o corpo do actor para contar a súa historia, intentando entender o que aconteceu naquel lugar, unha vella casa galega onde a rutina, os desexos non correspondidos e os soños rotos marcan o paso do tempo. Un afondamento na capacidade de resistencia do ser humano e na súa desconexión coa terra e a natureza. Unha proposta intimista con música en directo na que conviven o tráxico e o cómico e onde cada elemento da escena ten vida propia. Chékhov segue sendo un autor contemporáneo que nos interpela directamente, e Tío Vania é unha obra á que sempre vale a pena volver. O noso reto é contar esta historia dunha maneira persoal e renovada, cunha mirada libre de prexuízos, coma se descubrísemola por primeira vez. Queremos que o público máis novo atope nela unha voz actual e que quen coñeza a obra descubra novos matices. A través de Tío Vania, conectamos coas inquietudes do mundo actual e da sociedade galega: a crise dun sistema que se esgota, o feminismo, o ecoloxismo, as desigualdades sociais ou a precariedade económica. Chékhov observa o colapso da súa época desde a intimidade, convertendo a crise do sistema nunha crise persoal. A aparente sinxeleza da obra esconde múltiples capas e lecturas. Cada nova lectura ofrece unha perspectiva distinta, facendo que Tío Vania sempre sexa unha obra por descubrir.

PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.

Hora

21 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events