Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de Música para Hitler, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:
Pau Casals viuse forzado a exiliarse no sur de Francia tras a Guerra Civil Española. Con todos os seus recursos e moito
empeño dedicouse a axudar a miles de compatriotas amoreados nos campos de traballo próximos. No ano 1943, baixo a ocupación nazi, o xenio da música recibiu unha inquietante invitación para tocar diante o Führer. Casals sabía que negarse a facelo podería carrexarlle terribles consecuencias. Estes dramáticos feitos son os que inspiraron aos autores para escribir Música para Hitler, un texto emocionante que recrea a personalidade dun dos maiores artistas do século XX.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
10 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
outubro




