Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de Momento musical para familias con bebés, un espectáculo infantil cuxa sinopse é a seguinte:
Cando vivimos no interior das nosas nais, a voz materna e paterna son fundamentais para o desenvolvemento auditivo
das persoas. Neste cantacontos, reconectamos cos nenos e nenas interiores que temos e afloramos o espírito curioso de querer coñecer algúns instrumentos, sons, contos, movementos ou cancións con xesto. Trataremos de recuperar esa complicidade a través dos estímulos sonoros e diversas cancións infantís convidando aos acompañantes dos bebés a cantar aprendendo melodías nesta experiencia musical cos seus peques.
Haberá tres pases, ás 12:00, 16:30 e 18:00 h.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
9 novembro, 2025 12:00 - 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


