VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Vigocultura: 'INSUBMISA'

26out20:00Vigocultura: 'INSUBMISA'ESPECTÁCULOS | 5,00 €20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha artística e técnica:

Dirección: Marta Alonso e Pepe Domínguez

Elenco: Iria Sobrado, Jose Vaquero e Javier Octavio de Toledo.

Deseño de espazo escénico e vestiario: Diego Valeiras. 

Música orixinal: Christian Casas

Vídeo, filmes e deseño gráfico:  Aitor-Víctor Fernández

Sinopse:

Antagonista Teatro presenta o seu novo espectáculo, Insubmisa. Trátase dunha montaxe baseada nun texto propio escrito por Jose Vaquero, que se  inspira no personaxe mitolóxico de Medea para construír unha reflexión sobre un dos mecanismos de control máis insidiosos do patriarcado, a reconstrución do relato. 

Argumento:

Poida que ela cometese un crime terrible, pero a cuestión agora non é a súa culpabilidade, senón o seu estado mental. Non basta con declarala culpable. Ademais, debe quedar claro que é unha enferma, unha demente. Ninguén durmirá tranquilo mentres pensemos que pode existir alguén así. De xeito que ela permanece encerrada para ser avaliada.

Proposta:

Insubmisa é unha avaliación sobre as posibilidades reais de ser libre máis aló de etiquetas individuais ou de xénero. É unha denuncia sobre a gaiola de ouro que constrúe o patriarcado e sobre os estigmas que as mulleres sofren mesmo baixo unha mirada progresista. As personaxes flutúan entra a súa realidade e a nosa para amosarnos que son a mesma, sen adornos, sen edulcorantes. Dirixen a mirada do espectador cara si mesmo para evitar ser consumidos polas expectativas. Insubmisa é drama, pero tamén é danza, música, vídeo e teatro social ao servizo da reflexión.

O texto  nace da man do arquetipo sobre Medea construído por Eurípides, que foi unha reelaboración do autor sobre o mito previo e que se fixou no imaxinario colectivo. A través de esta historia, denunciamos como a cultura do patriarcado emprega a escritura dos relatos para crear unha superestrutura simbólica que afiance os seus valores.

Xénero: teatro

Idade recomendada: adultos

Idioma: galego

Duración: 65 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Máis

Hora

26 outubro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events