XERAIS

15nov20:00Vigocultura: 'HAMELIN'ESPECTÁCULOS | 5,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Programa completo de Vigocultura

Ficha técnica e artística:

Elenco: Guillermo Carbajo, Roberto Leal, Belén Constenla, Mónica García, Machi Salgado, Rubén Porto e Fran Lareu

Dirección e tradución: Álex Sampayo

Texto: Juan Mayorga

Deseño de iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Escenografía: Álex Sampayo

Espazo sonoro: Fernando Epelde

Axte. Dirección: Laura Míguez

Fotografías do espectáculo: Álex Sampayo

Fotografías promocionais: Vanessa Rábade

Deseño Cartel: The Office Comunicación

Prensa: Alberto Ramos

Distribución Galicia: Guillermo Carbajo

Sinopse:

“Era unha vez unha bela cidade chamada Hamelin. A cidade encheuse de ratas. Ata que alguén fixo soar unha fermosa música”. A versión áspera do conto é máis verosímil e parécese máis ao mundo no que vivimos. No noso mundo, os nenos son os primeiros que pagan. Pagan os vicios dos maiores, as mentiras dos maiores. Neste sentido, o Hamelin que non sabe protexer aos seus nenos é como moitas cidades do noso mundo. Mayorga aborda o tema da pederastia cunha linguaxe e escenas cheas de elipses, onde as cousas quedan aludidas, onde o espectador debe poñer da súa parte para interpretar, para imaxinar, para encher os silencios. Juan Mayorga aborda o tema dunha maneira moi sutil, os silencios dos personaxes encerran grandes verdades, evita unha linguaxe basta e opta por un espectador activo que imaxine máis aló do que se mostra en escena.

Este texto galardoado co Premio Max en 2006, supuxo a consagración definitiva da compañía Animalario que resultou vencedora nos principais galardóns desa edición.

Xénero: drama

Idade recomendada: adultos

Idioma: galego

Duración: 90 minutos

Entradas: 5,00 € en Giglon

Hora

15 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events