REVISTA A MOVIDA >

25out20:00VIGOCULTURA: 'Guerra'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.

Nesta ocasión, é a quenda de Guerra, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:

Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa,
comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en
dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca
enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución. Guerra é unha traxedia ao estilo shakespeariano, é dicir, unha traxedia aderezada de comedia e ironía para dulcificar as arestas tráxicas

PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.

Hora

25 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events