04out20:00VIGOCULTURA: 'El viaje imposible'ESPECTÁCULOS | De balde20:00(GMT+02:00) Príncipe
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de El viaje imposible, un tributo a Julio Verne cuxa sinopse é a seguinte:
Un artefacto imposible irrompe nas rúas, un vehículo de época saído das entrañas do imaxinario steampunk. A bordo, unha tripulación de excéntricos exploradores, científicos e damas mecánicas convídannos a unha viaxe polo corazón dos soños imposibles. Inspirado nas obras de Julio Verne e cunha estética steampunk desbordante de detalles, este pasarrúas fusiona teatro físico, circo, danza, e animación itinerante nunha experiencia visual e sensorial única. As rúas transfórmanse nunha novela viva onde o público é cómplice dunha expedición fantástica, chea de humor, maxia, coreografías dinámicas e espectaculares máquinas móbiles. Unha explosión de imaxinación para todos os públicos que rende homenaxe ao poder da fantasía, a ciencia e a aventura. Unha viaxe que comeza en Vigo… pero que podería terminar no centro da Terra ou mesmo na Lúa.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
4 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Príncipe
Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


