REVISTA ABRIL

17mar18:00Vigocultura: EL CUENTO DE PERSÉPOLISPEQUERRECHOS | 5,00€18:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

La Coja Dansa

(Unha historia de ciencia ficción para imaxinar mundos
alternativos)
A nosa historia comeza cando tres nenas que viven en diferentes planetas atopan o libro de Persépolis. A súa lectura xeraralles preguntas sobre a situación das mulleres na historia. A partir de aquí as nosas protagonistas comezarán unha viaxe pola historia, o espazo e o tempo que as levará a atoparse nun punto en común. Con “O conto de Persépolis” rendemos homenaxe ás escritoras de ciencia ficción que coas súas obras literarias teñen cuestionado desde as marxes ao status das mulleres e as súas constantes perdas de dereitos. La Coja Dansa nesta proposta para público familiar coida ata o último detalle e ofrece unha montaxe de extraordinaria beleza cun ritmo adecuado para as ávidas miradas da infancia. Para iso utilizan a confluencia entre o cómic, a danza, o videomapping e o cinema na escena, chegando a uns resultados sorprendentes.

Máis

Hora

17 marzo, 2024 18:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events