Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de Éche unha risa!, un espectáculo para adultos cuxa sinopse é a seguinte:
Eche unha risa! é un espectáculo de monólogos presentado por Rafa Durán, que introduce a tres cómicos cun estilo persoal e unha visión única do humor:
- Arantxa Treus: actriz, cómica e mestra de cerimonias viguesa, activa desde 2009. É coñecida polo seu humor afiado e irónico, e polos seus espectáculos Os Monólogos da Treus, referentes na escena local.
- Jazmín Abuín: actriz, cantante e xornalista nacida en Vigo. Ten formación en artes escénicas e experiencia en musicais e series estatais (La que se avecina, Amar es para siempre). O seu monólogo mestura retranca galega con reflexións vitais.
- Darío Mares: cómico conquense afincado en Madrid. Premio ao “Monologuista revelación” en 2018, destaca pola súa mirada cómica á vida cotiá en espectáculos como Atroz ou Lo de las pelis.
Un espectáculo fresco, divertido e diverso, que mestura stand-up clásico, retranca galega e historias persoais co obxectivo de provocar unha boa risa colectiva.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
18 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio

