>

23nov16:3018:30VIGOCULTURA: 'Cuento de Navidad. Encapsulando a Dickens'PEQUERRECHOS | 3,00 €16:30 - 18:30(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.

Nesta ocasión, é a quenda de Cuento de Navidad. Encapsulando a Dickens, un espectáculo infantil cuxa sinopse é a seguinte:

A obsesión dunha moza con Cuento de Navidad fixo que desde pequena busque a forma perfecta de contar a historia
de Dickens. Unha obsesión nada dunha insólita tradición familiar que iniciou a súa avoa: cada ano un membro da
familia compra unha edición diferente do libro que deben ler xusto antes da cea de Noiteboa. A través de maquetas,
obxectos e mecanismos; e provista dunha proximidade e un relato íntimo, fainos revivir a noite na que a Scrooge lle
cambiou a vida, e colócanos nun presente no que a literatura e a arte teñen o poder de iluminar os nosos días. O señor
Scrooge é un vello avaro e roñón. Non coñece a compaixón nin a caridade, ten o carácter agre e un corazón duro como unha
pedra que non se abranda nin cando chega o Nadal. Pronto recibirá a visita inesperada de tres espíritos que o acompañarán nunha viaxe reveladora á súa nenez, o seu presente e o seu futuro. E o que descubrirá cambiaralle a vida. Hai historias que
nos cambian por dentro para sempre, a miña é esta, Cuento de Navidad de Charles Dickens. Un ano a miña avoa Jacinta
decidiu que iamos ler o libro antes da cea de Noiteboa e sen darse conta converteuno nunha tradición familiar. Agora
tócame a min contarvos a historia de Scrooge. Para facelo ideei un mecanismo sorprendente no meu taller, e creo que
por fin está listo, ou case…

Haberá dous pases, ás 16:30 e 18:30 h.

PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.

Hora

23 novembro, 2025 16:30 - 18:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events