>
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9
Detalles do eventos
Durante os vindeiros meses de outubro e novembro, VigoCultura ofrece unha ampla programación cun total de 26 espectáculos: 15 para o público adulto e 9 dirixidos ás familias. Como de costume, terán lugar no Auditorio Municipal agás os dous primeiros, que se desenvolverán na rúa do Príncipe e na Porta do Sol.
Nesta ocasión, é a quenda de Camino de las rocas, un concerto para todos os públicos:
A súa traxectoria levoulle a tocar en salas e importantes festivais de España, Uruguai, Arxentina, Colombia ou México.
Cunha presenza crecente tanto en España como en América Latina, Lesuit traballou e ten colaborado con artistas de
renome como Jorge Drexler ou Jenny And The Mexicats. O directo, no que se fusionan distintos estilos musicais como
rock, indie, folk e sons latinos, que, cunha banda de referencia fai que sexa un show enérxico e dinámico que conquista ao
público. Este 2025, será o ano de lanzamento do novo álbum Camino de las rocas, co que está colleitando unha gran crítica
de medios e público en xeral. Camino de las rocas promete ser un show cun son renovado que bebe do rock dos 60, a tradición galega e a frescura da música contemporánea, Lesuit ofrecerá un directo vibrante, cheo de matices e enerxía con momentos de conexión co público e unha interpretación apaixonada que converterá cada actuación nunha celebración irrepetible.
PROGRAMA COMPLETO

Preme aquí para acceder a un artigo con máis información e aquí para mercar as entradas online.
Hora
15 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



