
Vigocultura: A QUE VOY YOY LO ENCUENTRO
Detalles do eventos
arias pezas curtas, salpicadas doutras máis breves, algunhas minúsculas, e evocadoras cancións, que parece que nos traen e nos levan, pero que en realidade pérdennos,
Detalles do eventos
arias pezas curtas, salpicadas doutras máis breves, algunhas minúsculas, e evocadoras cancións, que parece que nos traen e nos levan, pero que en realidade pérdennos, nesta obra para dúas actrices e dous músicos. Amparo foi a coidadora de Ángela, unha anciá que está agora nunha residencia. Alba, que chegou hai un par de días á cidade, non foi a visitar á súa nai, coa que leva anos sen falarse. Alba veu á casa de Ángela a recoller as últimas cousas, xa que o piso está á venda. Amparo está alí para revisar os discos, porque quere gravar unha lista de cancións. Di a doutora que isto poderá axudar a Ángela a manter viva a súa memoria. A música gárdase nun caixón do cerebro, separado do resto dos recordos, e ao abrilo, a súa luz pode alumar outros recordos agora en sombra. Pode unha playlist de cancións sandar unha relación entre nai e filla? Quen non ten unha playlist da historia da súa vida?
Máis
Hora
20 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
- Mes actual