>

10feb20:00Vigocultura: A NAIESPECTÁCULOS | 5,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

AmorodioTeatro

A Nai é un espectáculo teatral multidisciplinar que emprega ferramentas do teatro documento e da autoficción, sen perder nunca o sentido do humor. O espectáculo explora, a través das figuras das irmás Lola, Julia e Amparo Touza, e as súas fazañas como salvadoras dunha cantidade estimada de 500 persoas durante o Holocausto, a posibilidade de sermos mellores persoas en tempos de degradación moral. Empregando a memoria como ferramenta de análise para o presente e material de construción para o futuro, trazaremos relacións entre a vida e a obra das irmás e as nosas propias vidas, tratando de establecermos un paradigma de acción ética que abra unha vía para construír unha sociedade mellor a través da acción individual. “A Nai”, recibiu o premio Luisa Villalta da Deputación de Coruña a proxectos pola Igualdade no ano 2022

Hora

10 febreiro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events