VIGO16N_Encontro pola cultura – A Movida

novembro, 2018

16nov17:30VIGO16N_Encontro pola culturaCOLOQUIO | De balde17:30 IES Politécnico

Máis

Detalles do evento

O vindeiro 16 de novembro ás 17:30 no Salón de Actos de IES Politécnico de Vigo, terá lugar un encontro para facer unha posta en común entorno á situación do ámbito cultural desta cidade e a súa realidade co conxunto da cidadanía.

Esta mesa redonda dividirase en tres bloques, nos que se falará de:

– Equipamentos e xestión cultural, coa intervención da avogada e crítica cultural Ania
González.

– Urbanismo e patrimonio, coa intervención do arquitecto Iago Valverde e o historiador Uxío Reinoso.

– Imaxe da cidade e identidade, coa intervención do editor e xornalista Manuel Bragado.

Presentado e moderado por Fernando González “Gonzo”.

Dirixido a toda a cidadanía, veciños e veciñas de Vigo, asociacións e colectivos sociais, plataformas culturais.

Porque se fai este encontro?
Dende as agrupacións organizadoras do evento, todas elas vinculadas o mundo da cultura en Vigo e en Galicia, veñen percatándose dun malestar xeral no ámbito cultural, nun sentido amplo, da cidade de Vigo. Esta situación, froito de diversas causas (malas prácticas, abandono do patrimonio, falta de participación cidadá na xestión cultural, etc.) que afectan a toda a cidadanía, é a que se pretende abordar neste encontro.
Cren necesario por en común a realidade cultural da nosa cidade. Así pois, Vigo 16N, é un
encontro aberto a todos os cidadáns para establecer lazos entre veciños da cidade, asociacións e colectivos sociais.
Neste encontro analizarase a situcación actual do ámbito da cultura local e intentarase, entre todos, afondar en solucións e propostas para a mellora da situación cultural da cidade de Vigo. Sempre, dende una postura propositiva, sabendo que a mellora é posible.
Dende firme convencemento de que entre todos pódense encontrar formas de traballar máis horizontais que favorezcan a democratización da cultura nesta cidade e a mellorar, amplamente, a vida da veciñanza da cidade.

Hora

(Venres) 17:30

Lugar

IES Politécnico

Rúa do Conde de Torrecedeira, 88, 36208 Vigo, Pontevedra

X