xullo, 2019

27xul22:00Vigo Vocal's Reunion VIIICONCERTOS | 6,00€22:00 Radar Estudios

Máis

Detalles do evento

O próximo 27 de xullo tes unha cita ineludible coa escena viguesa, xa que se celebrará unha nova edición, e xa van pola oitava, de Vigo Vocal’ s reunion, na que Frans Banfield e Ibán Marciano reúnense con importantes cantantes da cidade para interpretar unha das súas cancións.

Este ano, 14 serán os invitados, de diferentes xeracións e xéneros musicais, que pasarán polo escenario de Sálgaa Radar (c/Iglesias Esponda, 30) para demostrar o excelente estado de saúde da escena local. Os nomes que conforman este ano o cartel son: Roy Basanta, El Puto Coke, Mon, Daniela Dicostas, Denis Carballás, Candy Sanjuan (Dreams of dolly sheep), Tincho Fernán, Bruno Costas (The Riggos), David Cocón (Cool Funeral), Yoli Diaz (Volta e media), Pablo Lesuit, Nillo Nández, Rober Carcos e Daniel Soler (Antifrágil).

Sen dúbida, será unha gran ocasión para comprobar de primeira man o que se coce no underground vigués, demostrando unha vez máis, que a pesar de ter cada un o seu proxecto e loitar semana a semana por sacalo adiante, tamén hai lugar para a unión e o compañeirismo entre os artistas.

O prezo da entrada é de 6,00€.

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

Radar Estudios

Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra

X