27mar21:30XI edición do Vigo Vocals ReunionCONCERTOS | Desde 10,00 €21:30(GMT+01:00) Sala Supersonic
Detalles do eventos
En plena festa da Reconquista a música viguesa quere reivindicar o seu espazo coa celebración da XI edición do Vigo Vocals Reunion, que se celebrará o venres 27
Detalles do eventos
En plena festa da Reconquista a música viguesa quere reivindicar o seu espazo coa celebración da XI edición do Vigo Vocals Reunion, que se celebrará o venres 27 de marzo na sala Supersonic. Este evento consolídase como unha cita especial para quen queira tomar o pulso ao son actual da cidade nunha soa noite.
Impulsado por Frans Banfield e Iban Marciano, o festival reúne 13 das voces máis representativas de Vigo. A proposta é tan directa como ambiciosa: un percorrido polo talento local no que se entrelazan novas xeracións con artistas que levan décadas formando parte do ambiente musical da cidade.
Como broche de ouro á xornada, DJ Meteoro porase aos pratos cunha sesión exclusiva de música feita en Vigo, garantindo unha noite dedicada por completo á creación musical local.
Desde o pop e a música urbana ata o rock and roll e o funky, cada artista convidado interpretará unha canción da súa propia autoría. Para iso contarán cunha banda base de alto nivel formada por Juanma Ons ao baixo e Brais Lorenzo á batería.
A lista de artistas convidados para esta undécima edición inclúe a:
- Cristina Pena (Paracetamol)
- David Mr D (Moon Cresta)
- El Último Ciclista
- Grandío
- Juanma Treinta (Seitura)
- Lesuit
- Marrit
- Natary Feel
- Nillo Nández
- Paula Mateo
- Reynier Aldana (LaYuca)
- Rober Carcos
- Tamén Emilio
Puntos de venda: Online en www.entradium.com e física en RockBox Guitars (Urzaiz, 102).
Hora
27 marzo, 2026 21:30(GMT+01:00)
Localización
Sala Supersonic
Rúa Fermín Penzol, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio

