
Detalles do eventos
Con motivo do terceiro aniversario da morte do gran arquitecto e promotor Jaime Garrido, os guías de Vigo Turístico presentan a súa pequena homenaxe. Unha nova ruta temática
Detalles do eventos
Con motivo do terceiro aniversario da morte do gran arquitecto e promotor Jaime Garrido, os guías de Vigo Turístico presentan a súa pequena homenaxe. Unha nova ruta temática polo centro de Vigo, ideada por e para vigueses e viguesas, que seguramente provocará algún pesar e quizais outras bágoas de pena ao ver e comprobar como algunhas das xoias da nosa arquitectura xa non están aí e cales son os edificios polos que foron substituídos.
Unha ruta para os amantes de Vigo e da súa arquitectura e, sobre todo, para poñer en valor o gran legado do que probablemente foi o máximo promotor do noso patrimonio arquitectónico: o gran Jaime Garrido.
O historiador e experto en arquivos e documentación sobre Vigo, Jorge Barrecheguren, recolleu datos e curiosidades para trazar esta ruta co obxectivo de guiar á cidadanía e aos curiosos nunha andaina cultural sen precedentes e moi demandada pola cidade: repaso xuntos e in situ, na rúa, unhas pezas arquitectónicas presas da especulación e desprotección e que agora xa non están entre nós porque desapareceron ou foron levadas…
Punto de saída: Sede de Abanca, na rúa García Barbón.
Duración caproximada: 2 horas
Próximas datas:
SÁBADO 18 DE XUÑO 17h / Dende 7€
DOMINGO 19 DE XUÑO 11h / Dende 7€
Máis
Hora
18 xuño, 2022 17:00(GMT+02:00)
Localización
Rúa García Barbón
Rúa de García Barbón, 3-1 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual