>

09xulTodo o día12Vigo SeaFestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Montero Ríos

Detalles do eventos

Do 9 ao 12 de xullo, os xardíns de Montero Ríos e o Náutico acollen unha nova edición do Vigo SeaFest, o Festival ARVI do Peixe, unha cita gratuíta que combina gastronomía, música, deporte e actividades para todos os públicos.

A programación inclúe a participación de 14 chefs e outros tantos restaurantes no concurso gastronómico Fish & Beer 1906, con tapas elaboradas con produtos do mar, ademais dunha zona de food trucks, cociña en directo con recoñecidos cociñeiros, degustacións e showcookings. Tamén haberá bautismos de vela, torneos de baloncesto 3×3 e waterpolo, actividades infantís e familiares, xogos populares e exposicións.

A música será outro dos grandes atractivos do festival, con concertos de Mambas Negras, Homenaxe a Buena Vista, Juan Zelada, Banda Crebinsky e LeSuiteBand, ademais das sesións de DJ Dinand, MoOoM Atlántic, DJ Botz, DJ Javi Rial, Néstor Pardo e Frasquita Vintage. Un programa pensado para gozar do mar, da gastronomía e da cultura nun dos espazos máis emblemáticos de Vigo.

FISH & BEER

PROGRAMACIÓN MUSICAL

ACTIVIDADES

Hora

9 xullo, 2026 - 12 xullo, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Montero Ríos

Rúa Montero Ríos 36201 Vigo Pontevedra

Other Events