Detalles do eventos
Entre o 10 e o 13 de xullo, celébrase a sexta edición do Festival ARVI do Peixe – Vigo SeaFest nos Xardíns de Montero Ríos. O
Detalles do eventos
Entre o 10 e o 13 de xullo, celébrase a sexta edición do Festival ARVI do Peixe – Vigo SeaFest nos Xardíns de Montero Ríos. O evento, que combina gastronomía de autor, música en directo, deporte náutico e outras actividades, é unha cita imprescindible do verán en Vigo.
Unha vez máis, Vigo convértese en capital do mar coa celebración do Vigo SeaFest 2025, promovido por ARVI – Cooperativa de Armadores del Puerto de Vigo, que une cultura mariñeira, sostibilidade e gastronomía de vangarda nun evento gratuíto e aberto para todos os públicos. Nesta sexta edición, o festival, consolidado como un referente na axenda estival de Galicia, ofrece unha programación diversa que vai máis alá da desgustación de produtos do mar. Conta con actividades para desfrutar en familia, música, deporte e charlas divulgativas.
Vigo SeaFest | PROGRAMACIÓN COMPLETA

Vigo SeaFest | MAPA

Podes ler un artigo con máis información premendo AQUÍ ou visitar a súa web oficial AQUÍ.
Hora
10 xullo, 2025 18:00 - 13 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Montero Ríos
Rúa Montero Ríos 36201 Vigo Pontevedra


