
12xul10:3810:38Vigo SeaFest10:38 - 10:38(GMT+02:00) Peirao do Náutico
Detalles do eventos
O Vigo SeaFest celebrará a súa quinta edición nos xardíns de Elduayen entre o 11 e o 14 de xullo. O festival ten como obxectivo principal promocionar
Detalles do eventos
O Vigo SeaFest celebrará a súa quinta edición nos xardíns de Elduayen entre o 11 e o 14 de xullo. O festival ten como obxectivo principal promocionar o consumo de produtos pesqueiros nun ambiente festivo, aproveitando o evento para destacar a calidade e variedade dos produtos de ARVI (Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo). Ademais desa posta en valor, tamén se desenvolverán diferentes talleres e actividades durante os tres días e medio que durará o festival para resaltar a importancia socioeconómica do sector pesqueiro galego.
Un dos grandes atractivos do evento é o concurso de tapas Fish & Beer, onde participan numerosos locais da cidade. Se queres coñecer as deliciosas propostas dos chefs, preme aquí.
O apartado musical tamén é un dos pratos fortes do Vigo SeaFest, que conta cunha coidada programación musical que se move entre o rock e o soul. Os cabezas de cartel son The Limboos, banda galega radicada en Madrid; Gigi McFarlane, cantante e compositora londinense; e Los Saxos del Averno, sexteto de R&B protagonizado polo son deste instrumento de vento. Tamén subirán a segundo escenario artistas locais como Tangomango, Copos de Avena, La Chata Soul ou Pablo Novoa con Litus.
No tocante ás actividades, desde o xoves ata o domingo haberá showcookings, flashmobs, coloquios, monólogos, talleres de cociña infantil e obradoiros de marisqueo. Tampouco faltarán os deportes, como o paddle surf, o torneo de baloncesto 3×3 e os bautismos de mar. Máis información premendo aquí.

Máis
Hora
12 xullo, 2024 10:38 - 10:38(GMT+02:00)
Localización
Peirao do Náutico
As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual