Vigo psych fest

30set20:30Vigo psych festFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 12,00 €20:30

Detalles do eventos

A primeira edición do Vigo psych fest dedicado ao stoner, psicodelia e hard rock está lista para que sexa un éxito. Desenvolverase en dúas citas, o venres 29 e sábado 30 de setembro, e comezarán ás 20:30 horas na sala Transylvania de Vigo, rúa Rogelio Abalde 16.

Programa:

O venres poderemos ver a banda viguesa, Eondry un grupo de post rock experimental cun son único, unha auténtica viaxe para o oínte. Outra banda viguesa, os Hard trip, power trío unido por unha linguaxe musical propia, influenciado polo hard rock clásico. Riffs crus e letras moi persoais e finalizará a xornada coa banda compostelá Martelo un power trío liderado por Xacobe Martínez Antelo. Cancións combativas e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego.

A noite do sábado poderás ver á banda de O Grove, Buxa temas instrumentais de mathstoner, postrock, kraut. Seguiranlles os portugueses Orangotango, con varios discos no mercado de esmagador stoner/doom psicodélico, inspirados nunha gama interminable de paisaxes musicais e finalizará a noite coa banda liderada pola californiana Kay Elisabeth, cunha amplia traxectoria como vocalista dos “ The Dustaphonics” e de varias bandas máis. A súa voz conmovedora empapada nunha paisaxe sonora. Agora crea o seu propio proxecto musical, Black Orchids, rock psicodélico, alternativo e stoner con sede en Londres.

Entradas

As entradas están xa dispoñibles para un só día ou para o festival completo a un prezo de 12 ou 18 Euros e pódense adquirir na plataforma Ticketrona ou en formato físico no Bar Revolver (Rúa Barcelona 45 Interior), e na propia sala do evento, no Transylvania, (Rúa Rogelio Abalde 16).

Máis

Hora

(Sábado) 20:30

Localización

Transylvania Metal Pub

Rúa Rogelio Abalde, 16, 36201 Vigo, Pontevedra