>

03set(set 3)18:0006(set 6)23:59Sabores del MundoGASTRO | De balde 18:00 - 23:59 (6)(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

A Explanada do Náutico acolle do 4 ao 6 de setembro a primeira edición de Sabores del Mundo, un festival gratuíto que reúne gastronomía internacional, música, espectáculos culturais e actividades para todos os públicos.

Comer en Xapón, pasar por México, facer escala en Turquía e rematar cun café peruano sen saír de Vigo. Esa é a proposta de Sabores del Mundo, un novo festival gastronómico organizado por VigoPlan Events que converterá a Explanada do Náutico nun pequeno percorrido polos cinco continentes durante a primeira fin de semana de setembro.

A súa primeira edición reunirá máis de quince postos gastronómicos con receitas e produtos de diferentes lugares do mundo. Entre os participantes anunciados están Croketísima, representando a Arxentina; Bolo do Caco, Portugal; Santa Bárbara, Estados Unidos; Tropicana, Brasil; Hiroki Sushi, Xapón; Caracas Bakery, Venezuela; Restaurante Ixchel, México; Ali Döner Kebab, Turquía; Chicote, Italia; El Muelle 111, Perú; Panadería Palestina, Palestina; Colombia na Ría, Colombia; Froitos do Mar, España; e La Madrina, Cuba.

A viaxe completarase con Inti Kaphy e os seus cafés de especialidade peruanos, mentres que a parte doce correrá a cargo de Bico de Xeado.

O evento busca mesturar gastronomía e cultura cunha programación de música en directo, actuacións inspiradas en diferentes tradicións e actividades de lecer. Entre as primeiras propostas anunciadas aparecen Galidanza e unha batucada brasileira, ademais doutras actuacións rexionais.

O recinto contará tamén cunha Zona Experience, concibida como un espazo participativo con actividades de entretemento para diferentes idades para pasar varias horas en familia ou con amigos.

A festa empeza un día antes

Aínda que o festival se celebra oficialmente do 4 ao 6 de setembro, a organización prepara unha prefesta o xoves 3 para ir abrindo boca. A actividade comezará ás 18:00 h cunha sesión de DJ, continuará ás 21:00 h co concerto do Dúo Mala Herba e pechará a partir das 23:00 h cunha nova sesión de DJ. Esa tarde xa se poderán probar algunhas das propostas gastronómicas do festival.

Hora

3 setembro, 2026 18:00 - 6 setembro, 2026 23:59(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events