decembro, 2019

21dec18:00Vigo para vigueses: luces e sombrasACTIVIDADES PARA O COCO | Caixa inversa18:00 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Este ano con novos contidos e un percorrido a pé aínda máis adaptado para gozar ao mesmo tempo do espectáculo da iluminación e da nova decoración navideña das rúas e prazas de Vigo. É importante salientar que se trata dun percorrido histórico polas luces e sombras do pasado, ambientado nas luces do Nadal. Non é unha ruta guiada simplemente para ver as luces. Está dirixido preferentemente a adultos, vigueses ou xente que queira achegarse e saber máis sobre a nosa cidade.

Freetour “Vigo para vigueses: Luces e sombras”

Aprende máis sobre a historia da túa cidade mentres aprecia a iluminación e a decoración de Nadal

Para os amantes desta cidade, unha ruta de espírito interactivo afondando na súa historia a través das súas luces e sombras. Paseo guiado polas luces de Nadal de Vigo compartindo eses personaxes e acontecementos históricos que o fixeron brillar e pálir no pasado.

Saídas: desde abaixo da escultura de El Sireno, na praza da Porta do Sol.
Os guías son expertos locais ben capacitados e poden ser localizados pola súa carpeta azul e a súa tarxeta de identificación

Hora: 18:00

Duración: 2 horas aproximadamente

Percorrido:

Un percorrido con desexo interactivo entre os asistentes que pretende iluminar máis se é posible e gozar ao mesmo tempo do espectáculo das luces de Nadal da cidade, entendendo un pouco mellor aqueles eventos que a fixeron brillar ao longo dos séculos.

Durante aproximadamente 2 horas, pararemos por algunhas das rúas e prazas mellor iluminadas do centro, Casco Vello, a Alameda e a zona do Náutico para compartir momentos pouco coñecidos sobre a historia de Vigo, a súa ría e os personaxes máis ilustres.

Formato: O percorrido é unha ruta a pé e ten formato “free tour”, é dicir basada úncia e exclusivamente nas propinas dos asistentes.

Datas: Decembro de 2019, en total 8 roteiros todos á mesma hora (18:00):

domingo 1
xoves 5
domingo 8
domingo 15
venres 20
sábado 21
venres 27
domingo 29

Como inscribirse: é necesario reservar con antelación para garantir a praza. Se pode reservar a través da web freetourvigo.com, enviando un correo electrónico ao enderezo freetourvigo@gmail.com, ou unha mensaxe ao teléfono 654 22 69 94

A quen vai dirixido: Os temas e contidos da ruta están destinados a un público adulto con gañas de entender e aprender máis sobre a nosa historia. Non está recomendado para menores de 12 anos, aínda que tamén son benvidos.

Hora

(Sádado) 18:00

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X