>

11xul10:0020:30Vigo Open 26: torneo de speedcubingESPECTÁCULOS | De balde 10:00 - 20:30(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O Vigo Open 26 reunirá este sábado 11 de xullo a afeccionados e especialistas do speedcubing, a disciplina competitiva que consiste en resolver o cubo de Rubik e outros quebracabezas similares no menor tempo posible.

A competición desenvolverase ao longo de toda a xornada en Vigo Exporta, onde as persoas participantes competirán en distintas categorías e modalidades, seguindo a normativa oficial deste deporte.

Data: Sábado, 11 de xullo
Horario: De 10:00 a 20:30 h
Lugar: zona Vigo Exporta (Vialia)

O evento está aberto ao público, que poderá achegarse para descubrir de preto esta modalidade e seguir as diferentes probas ao longo do día.

Hora

11 xullo, 2026 10:00 - 20:30(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events