31mar13:00VIGO NATUREPEQUECHOS | De balde13:00(GMT+02:00) VigoZoo
Detalles do eventos
Horario e programa das actividades educativas de Vigo Nature o Domingo 31: 13:00 h – ALIMENTACIÓN DE FAUNA NOCTURMA E EXOTARIUM.
Detalles do eventos
Horario e programa das actividades educativas de Vigo Nature o Domingo 31:
13:00 h – ALIMENTACIÓN DE FAUNA NOCTURMA E EXOTARIUM.
16:30 h – O SISTEMA SOLAR: Consitirá nunha pequena charla para dar a coñecer os misterios do noso sistema solar e nunha proxección no noso renovado planetario onde poderás viaxar de forma virtual aos distintos planetas que o conforman.
ENRIQUECEMENTO BURROS: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para os animais nos zoolóxicos. Hoxe nos axudarás a fabricar xoguetes para os burros, uns dos animais máis intelixentes do reino animal.
17:30 h – O CEO NOCTURNO: Aprenderás a orientarse no decurso da noite, e como recoñecer as principais constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da historia da Astronomía.
ENRIQUECEMENTO SURICATAS: Igual co obradoiro de enriquecemento anterior, aquí nos axudarás a fabricar varios tipos de xoguetes alimenticios para os suricatas.
18:30 h – O MUNDO DOS ARTRÓPODOS: Poderás tocar e coñecer de primeira mán a varias especies deste grupo taninteresante de animais: insectos pau, cascudas, escaravellos, bolboretas, milpés, escorpións e tarántulas.
ENRIQUECEMENTO LÉMURES: Neste obradoiro de enriquecemento nos axudarás a elaborar varios tipos de xoguetes alimenticios para os lémures, unha especie endémica do sur e sueste de Madagascar.
Reservas: de luns a venres no teléfono 986 267 783 e os sábados e domingos de forma presencial.
Hora
31 marzo, 2024 13:00(GMT+02:00)
Localización
VigoZoo
Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra


