>

24mar13:00 Vigo NaturePEQUECHOS | De balde13:00(GMT+01:00) VigoZoo

Detalles do eventos

Programa de actividades do domingo 24 :

13:00 h: Alimentación de fauna nocturama e exotarium.

16:30 h: ‘OBRADOIRO AMBIENTAL’: Neste pequeno obradoiro aprenderás algunhas interesantes curiosidades sobre algunhas das especies da fauna do parque.

‘ENRIQUECEMENTO LLAMAS’: As actividades de enriquecemento ambiental son moi importantes para
os animais nos zoolóxicos, neste caso nos axudarás a elaborar obxectos para as llamas.

17:30 h: ‘O CEO NOCTURNO’: Aprenderás a orientarte no decurso da noite, e como recoñecer as principais
constelacións, estrelas e planetas visibles na data actual, xunto con pequenas pinceladas de mitoloxía e da
historia da Astronomía.

‘ENRIQUECEMENTO LÉMURES’: Neste obradoiro de enriquecemento axudarás a fabricar varios tipos de xoguetes alimenticios para os lémures, unha especie endémica do sur e sueste de Madagascar.

18:30 h: ‘O MUNDO DOS RÉPTILES’: Obradoiro onde se manexarán animais vivos e se explicará a súa clasificación, a importancia deste grupo animal nos ecosistemas, alimentación, estratexias, curiosidades e ameazas.

‘ENRIQUECEMENTO SURICATAS’: Igual cos obradoiros de enriquecemento anteriores, aquí nos axudarás a fabricar varios tipos de xoguetes alimenticios para os suricatas, un pequeno mamífero adaptado á vida no deserto.

Hora

24 marzo, 2024 13:00(GMT+01:00)

Localización

VigoZoo

Plaza de Los Leones, s/n, 36316 Vigo, Pontevedra

Other Events