VIALIA
bannerPicnicSesions

Vigo Media Maratón

07nov10:00Vigo Media MaratónACTIVIDADES DEPORTIVAS | Prezo variable10:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

A vixésimo segunda edición da Media Maratón de Vigo arrincará na praia do Vao e finalizará na rúa Montero Ríos. A costa viguesa e o centro da cidade olívica serán os grandes protagonistas do circuíto, que discorrerá por avenidas anchas e agradables para correr. Haberá postos de avituallamiento nos puntos quilométricos 5, 10, 15 e zona de meta. Cada quilómetro estará sinalizado cun panel indicador. A cita deportiva pon á venda 2.500 dorsais.

A iniciativa ofrece varias opcións de participación, diferentes alternativas para corredores expertos e afeccionados. De forma paralela a «A 21», como se coñece a proba popularmente, poderá optarse por disputar só dez mil metros ou por realizar a carreira por substitucións, en equipos de dous e catro atletas. Recibirán distincións os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría. A inscrición inclúe camiseta técnica, dorsal e medalla finisher para aqueles que consigan completar a distancia proposta nun tempo máximo de dúas horas e trinta minutos.

Máis

Hora

(Domingo) 10:00(GMT+01:00)