Vigo es flamenco – A Movida

novembro, 2018

03nov20:00Vigo es flamencoESPECTÁCULO | Prezos varios20:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Chegou novembro e con el unha nova edición do encontro “Vigo es Flamenco” que ten como obxetivo divulgar o flamenco a toda a comunidade autónoma e norte de España.

A Asociación folklórica e recreativa “Fusionarte”, cuxa presidenta é a bailaora María Ríal, pon en marcha coa colaboración do Concello de Vigo e da Diputación de Pontevedra unha programación moi flamenca durante 3 días: talleres, espectáculo e cea.

Nesta quinta edición sorprenderannos cos artistas invitados, de gran calado internacional e cun nivel do máis alto no mundo do flamenco que nos farán gozar ao máximo a tódolos participantes.

Os días 2, 3 e 4 de novembro haberá talleres especiais, clases específicas con persoas de gran recoñecemento e experiencia dentro do mundo flamenco (10 €/cada un) e como remate final a gran festa que comezará cunha gran actuación o día 3 de novembro no Auditorio do Concello de Vigo.

Os artistas invitados de este ano son: El Junco, El Mati, Oscar Lago ou Roberto Jaén.

Para pechar a noite, hai programada unha festa fin de festa con cea coctel, baile e DJ no Island Club (15 € bebidas non incluidas)

Se queres pasar unha fin de semana bailado e gozando podes solicitar máis información ou inscribirte no 615557270 (preguntar por Reyes)

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X