Detalles do eventos
Un percorrido por dous dos grandes símbolos da historia industrial de Vigo: a Panificadora e os tranvías. A través da traxectoria da familia Valcarce, a ruta achega como estes
Detalles do eventos
Un percorrido por dous dos grandes símbolos da historia industrial de Vigo: a Panificadora e os tranvías. A través da traxectoria da familia Valcarce, a ruta achega como estes proxectos marcaron o crecemento da cidade e a súa transformación ao longo do século XX.
Roteiro documentado con planos e fotografías que permite coñecer este complexo industrial, a súa evolución, a súa situación actual e os seus posibles usos futuros. Un paseo cultural de aproximadamente dúas horas para persoas interesadas na historia, na arquitectura e na memoria industrial de Vigo. O paseo é guiado por David Amoedo, investigador e divulgador da historia urbana de Vigo.
Hora
22 marzo, 2026 11:00(GMT+01:00)
Localización
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra


