19out10:00Vigo Contra el CáncerACTIVIDADES DEPORTIVAS | -10:00(GMT+02:00) Volcán Coia
Detalles do eventos
O próximo luns 13 de outubro pecha o prazo para inscribirse na última edición da carreira solidaria Vigo Contra el Cáncer, en caso de que
Detalles do eventos
O próximo luns 13 de outubro pecha o prazo para inscribirse na última edición da carreira solidaria Vigo Contra el Cáncer, en caso de que se chegue ao número máximo de dorsais, a inscrición pecharase antes. A Carreira Vigo Contra el Cáncer despídese tras once edicións nas que lograron recadar máis de 280.000 € destinados a distintos proxectos de investigación relacionados co cancro. Para esta derradeira edición pretenden sobrepasar os 300.000 € e destinalos ao proxecto Nuevas oportunidades para pacientes con sarcoma –VIGO4SAR , cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida e supervivencia das persoas afectadas por sarcomas.
Esta décimo segunda edición, alcumada como A Derradeira, terá lugar o domingo 19 de outubro en Coia, con modalidades de 5 e 10 quilómetros. Xa están abertas as inscricións para ambas modalidades. A partir deste momento, aquelas persoas que desexen inscribirse poden facelo de dúas maneiras: ben de forma online a través da páxina web oficial da Asociación, ben presencialmente no andar de deportes de El Corte Inglés. Todos os participantes recibirán, co seu dorsal, unha camiseta conmemorativa.
Así mesmo, tamén está habilitado un ‘Dorsal 0’ ou dorsal solidario. Este último non inclúe participación na carreira nin camiseta conmemorativa.
Sobre o proxecto de investigación
Os sarcomas son un grupo heteroxéneo de máis de 200 tipos e subtipos de tumores que afectan principalmente aos tecidos blandos e ao óso. Adoitan presentarse en nenos e mozos, grupos nos que a enfermidade ten un gran impacto.
Trátase do primeiro estudo con esta fin financiado pola Asocicación Vigo Contra el Cáncer. Estará liderado pola Dra. María Mayán, investigadora do grupo CellCOM no CINBIO (Universidade de Vigo), xunto ao oncólogo Dr. Juan Carrasco, do Hospital Álvaro Cunqueiro e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS). Este último, sinala: «Queremos crear unha plataforma innovadora que nos permita estudar, de forma personalizada, que terapias funcionan mellor segundo o tipo de tumor e as características de cada paciente, superando así a falta de coñecemento actual e personalizando os tratamentos».
VIGO4SAR empregará mostras tumorais obtidas coa axuda de varios servizos e do biobanco do Hospital Álvaro Cunqueiro para revisar a eficacia das distintas terapias ofrecidas. O grupo de investigadores pretende desenvolver unha plataforma de cribado, coa intención de seleccionar os tratamentos aos que mellor responde un determinado tumor, evitando así as terapias ineficaces.
A Dra. Mayán subliña a importancia da Carreira Vigo Contra el Cáncer, aportando unha axuda económica crucial e mobilizando unha cidade arredor dos «grandes esquecidos na investigación en cancro». Celebrada o próximo 19 de outubro, a XII entrega da proba ofrece en Coia dúas modalidades: a de 10 km, que forma parte do circuito municipal Run Run Vigo; e a de 5 km, que pode realizarse tamén andando. A organización pretende superar a participación acadada nas anteriores edicións, nas que se superaron os 5.000 concorrentes. Nas próximas semanas, publicarase o cartel da carreira, coas datas de inscrición. Ademais, durante estas semanas, a organización suma á causa a todas aquelas empresas, institucións e particulares que desexen colaborar no evento.
Histórico de donacións de Vigo Contra el Cáncer
- 2013: 8.203 € á Asociación Española Contra el Cáncer.
- 2014: 8.200 € ao proxecto Biomarcadores Moleculares BB1 (UVigo).
- 2015: 7.000 € ao mesmo proxecto.
- 2016: 19.000 € ao proxecto NANOMAG.
- 2017: 43.204,04 € ao proxecto REQUITE (USC).
- 2018: 42.200 € ao proxecto BREOGAN (cancro de mama).
- 2019: 38.194 € ao proxecto OCTOPUS.
- 2020: 7.365,64 € tamén para OCTOPUS.
- 2021: A pandemia impediu a carrera.
- 2022: 35.515 € ao proxecto BICAR (cancro de recto).
- 2023: 32.631,21 € ao proxecto Liquid Pancreas.
- 2024: 38.609,99 € ao proxecto GALICÉRVIX (cancro de cuello uterino).
- 2025: Proxecto VIGO4SAR (sarcomas).
Hora
19 outubro, 2025 10:00(GMT+02:00)
Localización
Volcán Coia
Av. de Castelao, 80, 36209 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




