Detalles do eventos
Este ano o día das letras galegas homenaxéase á viguesa Begoña Caamaño, xornalista, escritora galega, feminista e activista política. Para conmemorar a súa figura, o concello organiza varios
Detalles do eventos
Este ano o día das letras galegas homenaxéase á viguesa Begoña Caamaño, xornalista, escritora galega, feminista e activista política. Para conmemorar a súa figura, o concello organiza varios eventos por toda a cidade. O acto central terá lugar o 17 de maio ás 12:00 horas na Porta do Sol, cunha lectura do bando a cargo do director da ETRAD, Anxo Pintos, seguida de lecturas de textos da autora homenaxeada e unha actuación musical da propia escola.
Ese mesmo día celebraranse actuacións de regueifas en Alcabre, Matamá e Valadares. A programación continúa os días 18, 19 e 20 con concertos da ETRAD na rúa Príncipe, fronte ao MARCO. Ademais, o 22 de maio terá lugar no parque de Castrelos unha nova edición do Correlingua no que participan varios centros educativos. O sábado 23 celebrarase unha nova actuación de regueifas, esta vez en San Miguel de Oia.
O Concello tamén levará aos colexios o libro Mulleres nas nosas letras e material divulgativo sobre a autora. A programación complétase durante todo o mes con actividades na Biblioteca Neira Vilas, como sesións de contacontos, lecturas públicas, representacións teatrais e a campaña Begoña Caamaño, a forza das palabras, que inclúe materiais didácticos e un caderno de pasatempos con sorteos de libros.
17 de maio – ás 12:00 h na Porta do Sol: lectura de Anxos Pintos e actuación musical. Regueifas en Alcabre, Matamá e Valadares.
17 e 23 de maio – regueifas en Alcabre, Matamá, Valadares e San Miguel de Oia.
18, 19 e 20 de maio – concertos da ETRAD en Príncipe, diante do MARCO.
22 de maio – Correlingua no parque de Castrelos
Todo o mes – actividades na Biblioteca Xosé Neira Vilas (contacontos, lecturas públicas, representacións teatrais e a campaña ‘Begoña Caamaño, a forza das palabras’)
Hora
17 maio, 2026 12:00(GMT+02:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra


