xuño, 2019

27xuñ20:00Vigo AlternativoROTEIRO | Caixa inversa20:00 Porta do Sol

Máis

Detalles do evento

Vigo, gran urbe industrial do noroeste peninsular, próxima a unha fronteira e cun carácter aberto e cosmopolita, típico das grandes cidades portuarias, foi e segue sendo un referente dentro do mundo da arte e os movementos culturais. Ao comezo faremos unha pequena introdución da cidade onde trataremos estes e outros temas. O papel de Vigo como eixo da Movida dos anos 80 e outras historias sorprendentes que conforman a historia recente desta metrópole atlántica sempre á vangarda das artes e a industria e que convén repasar antes para entender mellor todo o que imos ver a continuación.

Durante a visita, faremos numerosas paradas para ver o mellor da arte urbano e do grafiti máis puro, con pezas selecciondas que iremos comentando e que nos axudarán a identificar as diferentes disciplinas que existen.

Veremos obras “site specific”, falaremos de bombardeiros e “potas”, e sobre todo dalgunhas firmas… algunha tan importante como a do pioneiro do grafiti en España, Muelle, que alá por 1990 deixou tambièn a súa pegada na nosa cidade.

Compartiremos de forma amena e didáctica as distintas variantes da arte urbano vigués e o seu contexto visitando ruelas da cidade co mellor e máis auténtico da arte rueiro, algún dos murais de recente creación e salas míticas que fixeron de Vigo eixo principal da movida dos 80.

Freetour Vigo

Inscripción (máx. 20 pers) no 654226994

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

X