Xornadas: 'Gaza. A catástrofe (Nakba)'
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 16 de outubro, o Concello de Vigo e as asociacións Hoy por ti e Juezas y Jueces por la Democracia organizan unha
Detalles do eventos
O vindeiro mércores 16 de outubro, o Concello de Vigo e as asociacións Hoy por ti e Juezas y Jueces por la Democracia organizan unha xornada no Auditorio de Afundación Obra Social Abanca, para abordar a catástrofe humanitaria en Gaza o ano no que se cumpre o 76 aniversario da “Nakba” – que en árabe significa “catástrofe”-, a expulsión masiva dos 700.000 palestinos que fuxiron ou foron expulsados do que hoxe é o Estado de Israel.
O evento contará con destacadas personalidades que abordarán e comentarán a situación actual desde diferentes perspectivas entre os que se atopan Óscar Camps, fundador e director da ONG Open Arms; o xornalista e escritor Ernesto Ekaizer; Francesca Albanese, relatora da ONU para os territorios palestinos ocupados e Ana Isabel Tomás Tudela de Médicos sen Fronteiras. Josep Borrell, alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e Vicepresidente da Comisión Europea, clausurará a xornada vía telemática.
Ao redor do 80% da poboación de Gaza, de 2,3 millóns de palestinos, fuxiu dos seus fogares desde o comezo da guerra, e moitos tiveron que desprazarse en busca de refuxio varias veces #ante os incesantes ataques israelís sobre poboación civil.
A xornada poderase seguir por streaming na seguinte dirección: www.hoyporti.ong.
Máis
Hora
16 outubro, 2024 11:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
Séguenos nas redes