>

14ago(ago 14)09:00Vigo acolle o maior torneo de Infinity do mundoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde09:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O Mar de Vigo converterase esta fin de semana nun punto de encontro para a comunidade dos wargames coa celebración da novena edición do Interplanetario, do 14 ao 16 de agosto. O evento, organizado arredor dos universos de Corvus Belli, reunirá durante tres días xogadores e afeccionados ás miniaturas chegados de distintos puntos.

A competición será un dos grandes eixes da programación, con tres torneos principais: o de Infinity, considerado o maior torneo do mundo deste xogo; o torneo oficial de Warcrow e o reto Ninja Pulpi Warrior, que poñerá a proba as habilidades dos participantes.

Ademais das partidas, o programa inclúe actividades relacionadas coa pintura de miniaturas, entre elas o fast painting e a sexta edición dos Crow Awards, o concurso de pintura de Corvus Belli. Tamén haberá charlas, mesas redondas, actividades informativas e encontros, ademais de espazos para coñecer os xogos e participar en demostracións.

A cita mantén o seu carácter de encontro para xogadores convertendo Vigo nun punto de referencia internacional para a comunidade de Infinity e, coa incorporación de Warcrow, ampliando a súa proposta arredor dos xogos de miniaturas e a cultura friki. O evento conta co apoio do concello de Vigo.

PREZOS:
A participación inclúe unha bolsa con información xeral e agasallos do evento.

INFINITY: 35 €
WARCROW: 30 €
PULPI NINJA WARRIOR: 25 €
CROW AWARDS: Nivel Estándar: 10 € / Nivel Máster: 20 €

Hora

14 agosto, 2026 09:00(GMT+02:00)