Detalles do eventos
Durante a mañá do 26 de setembro, o Palacio de la Oliva acolle a segunda edición de Vertical Summit, un foro para o ecosistema empresarial galego que “pretende
Detalles do eventos
Durante a mañá do 26 de setembro, o Palacio de la Oliva acolle a segunda edición de Vertical Summit, un foro para o ecosistema empresarial galego que “pretende xerar negocio e crear un espazo onde se crean conexións, networking e sinerxias reais”. Este evento, organizado por Diesemm, reunirá a 150 empresas de toda Galicia que buscan negociar “dunha forma diferente”.
O emprendedor galego Emilio Froján, CEO de Velca, segunda marca de motos 100% eléctricas máis vendida en tan só 5 anos no mercado, e incluído como membro da lista Forbes 30 under 30 en 2023, será un dos relatores estrela. Tamén estarán empresas como Bizum, o servizo gratuíto de pagos entre particulares, da man de Lorena Poza, responsable de Comunicación, Marketing e Sostibilidade; así como LinkedIn, con Judith Gutiérrez Salvadó, community builder e partnerships manager da rede profesional online máis grande do mundo.
En total, o escenario principal sumará 13 relatorios e, de forma simultánea, nunha sala anexa, celebrarase en directo o podcast de Vertical, dirixido por Jesús Pérez Santiago, polo que pasarán, ademais dalgúns relatores, diferentes empresarios que “contarán aqueles relatos que nunca se contan”. Entre eles, estarán Rafael Pérez, director xeral de Selmark; Patricia García, cofundadora e presidenta institucional de Femxa; ou Jorge Pallares, director de Marketing de Martín Códax.
Un dos grandes alicientes da xornada son as empresas coas que contará como asistentes. “Para nós o seu valor nun congreso é igual ao dos relatores, xa que é con eles cos que realmente fas negocio, por iso, como factor diferencial, neste congreso anuncianse os asistentes”, destaca o seu organizador, David Suárez, CEO de Diesemm. Entre eles, estarán representantes de organizaciones como Howden, Grupo CdeC, Talenom, Máis Que Auga, Iuni, Raiola Networks, Clúster Galego de Ecommerce, Empresarias Galicia, AEMOS, Auren, Libredón…
“Vertical nace ante a frustración de invertir un día nun congreso e marchar sen sequera saber a quen tiñas sentado ao teu carón”, afirma Suárez. “O tempo vale ouro. Se lle pides a alguén que invirta catro horas do seu día en estar con nós, teñen que ser as máis produtivas ese mes. De aí, a nosa obsesión porque en Vertical haia un networking absolutamente real”, engade.
Os bloques temáticos serán tres: benestar e empresa para conseguir máxima produtividade, ferramentas para impulsar o día a día do negocio; e as claves do éxito: oportunidades, persoas e equipo. As entradas poden adquirirse premendo AQUÍ.
Hora
26 setembro, 2025 09:30 - 14:00(GMT+02:00)
Localización
Palacio de La Oliva
Rúa da Laxe, 2, 36202 Vigo, Pontevedra


