
'Vieiros da memoria de Manuel Moldees'
Detalles do eventos
Chega a Vigo a exposición ‘Vieiros na memoria de Manuel Moldes‘, unha pequena homenaxe a quen foi un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero
Detalles do eventos
Chega a Vigo a exposición ‘Vieiros na memoria de Manuel Moldes‘, unha pequena homenaxe a quen foi un artista comprometido coa súa terra e referente da cultura galega, pero tamén un profesor que deixou unha fonda pegada na que durante anos foi a segunda casa, a Facultade de Belas Artes. Ampliada e acomodada ao espazo da Casa Galega da Cultura, a exposición organizada arredor da figura do artista falecido en 2017 poderá visitarse ata o vindeiro 24 de abril.
Vieiros na memoria, reúne unha serie de obras que “desenvolveu na súa maior parte entre finais dos anos 90 e principios da década do 2000”, e agrupa “imaxes ao óleo sobre lenzo e cartolina con obras en papel milimetrado e debuxos realizados sobre follas de caderno”, nun diálogo “que reivindica a expresión artística máis aló do soporte o do seu formato”. O papel do debuxo, dos trazos e liñas como punto de partida para “dotar de vida ás ideas” cobran nese senso un papel central nestes conxunto de obras abstractas, de “espírito labiríntico” e que levan tamén “a pensar na natureza”.
Máis

Hora
Marzo 15 (Martes) 09:00 - Abril 24 (Domingo) 20:00
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes