Videoforum: O lado escuro do carbón – A Movida

novembro, 2018

29nov20:30Videoforum: O lado escuro do carbónPROXECCIÓN | De balde20:30 A Cova dos Ratos

Máis

Detalles do evento

Videoforum: O lado escuro do carbón
Xoves 29 de Novembro ás 20.30h
Organiza: Plataforma “Galicia, un futuro sen carbón”

“O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

O documental “O lado escuro do carbón” (Título orixinal: El lado oscuro del carbón, producido por Greenpeace) fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves… Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.”

Hora

(Xoves) 20:30

Lugar

A Cova dos Ratos

Rúa de Romil, 3, 36202 Vigo, Pontevedra

X