ENCORDASS

22mai21:30VICTOR RENAUDEAUCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) A Casa de Arriba

Detalles do eventos

Nacido en Córdoba (Arxentina) en 1980, desde os seus 12 anos Renaudeau integrou diferentes ensambles orquestrais a nivel nacional. “Cunha formación clásica e unha vasta traxectoria na música popular, desenvolveu a súa música en distintos escenarios con diferentes performances ao longo de toda unha carreira”, Renaudeau tocou durante 15 anos xunto a Chango Spasiuk, con quen brindou concertos en festivais e teatros por diferentes países de Europa, Asia e América. Desde 2014, en tanto, desenvolve a súa carreira xunto a formacións propias e como solista. Brindou concertos por Brasil, Paraguai, Colombia, Chile, Perú, Costa Rica, Panamá, España, Inglaterra, Gales, Holanda, Alemaña, Austria, México Francia, Eslovenia, Portugal, Noruega, Estados Unidos, Polonia, Suíza, Dinamarca e China.

No seu espectáculo Solo Set/Modo Random, convídanos a mergullarnos nun mundo sonoro único. Cunha clara influencia das músicas arxentinas e un tratamento sonoro propio, o violinista crea un cadro retrospectivo enriquecido con pinceladas de jazz, música clásica e World Music.

Máis

Hora

22 maio, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

A Casa de Arriba

Rúa Martín Códax, 23, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events